Noia anima a non tirar os décimos e participar este venres 26 de decembro nun novo sorteo con premios no casco histórico

22 Decembro 2025

O Concello de Noia porá en marcha este venres 26 de decembro unha nova edición do sorteo especial de décimos, unha iniciativa que reedita o éxito do ano pasado e que busca dar unha segunda oportunidade aos décimos non premiados. A acción desenvolverase en coordinación coa asociación empresarial Noia Histórica e repartirá importantes premios en metálico e vales de compra para consumir no comercio local.

Durante toda a xornada do venres, as persoas participantes poderán depositar os seus décimos nas diferentes urnas situadas por todo o casco histórico de Noia, evitando así tiralos e dándolles unha nova opción de premio.

O sorteo contará cos seguintes galardóns:

1º premio: 800 €, premio especial Noia Histórica

Dous 2º premios de 500 €

Tres 3º premios de 300 €, en vales de compra para gastar en establecementos de Noia

O sorteo celebrarase na Praza do Curro ás 20:00 horas, nun acto aberto ao público e con animación musical. Para poder recoller calquera dos premios será imprescindible estar presente nese momento na Praza do Curro.

O concelleiro de Eventos, Abel Pan, anima á veciñanza a participar para repetir o éxito da edición anterior: “Pedímoslle á xente que non tire os seus décimos e que participe nesta iniciativa, que o ano pasado tivo unha acollida moi positiva. Ademais de manter a ilusión, apoiamos o comercio local e dinamizamos o casco histórico”.

Desde o Concello de Noia lémbrase que non se deben tirar os décimos, “xa que aínda poden ter premio, pero tamén que a presenza no sorteo é condición indispensábel para obter os galardóns”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.