Lousame acolle a 16ª xuntanza da Mesa de Coordinación Institucional fronte a Violencia de Xénero

12 Decembro 2025

O salón de plenos do Concello de Lousame acolleu esta mañá a 16ª xuntanza da Mesa Local de Coordinación Institucional fronte a Violencia de Xénero, que estivo presidida por Silvia Agrafojo, concelleira Igualdade e Servizos Sociais. Unha reunión na que se presentou o borrador dunha guía que recolle os diferentes recursos de atención ás mulleres e promoción da igualdade e que estará dispoñíbel para a vindeira sesión plenaria.

Ademais, a Mesa tomou coñecemento das actuacións levadas a cabo no ámbito municipal de Lousame na área de formación en prevención da violencia contra as mulleres; actualizaron as informacións sobre as actuacións levadas a cabo no municipio e a concelleira Silvia Agrafojo aproveitou para dar conta das actividades realizadas para conmemorar o 25 de novembro, como as sesións formativas realizadas no CPI Cernadas de Castro ou a campaña “Abrígate no bo trato”, que remata hoxe mesmo co sorteo dos premios do concurso.

Na reunión deste venres 12 de decembro pola mañá participaron a directora CPI Cernadas de Castro; a nova enfermeira Centro de Saúde de Lousame; a cabo do equipo VIOXÉN do posto da Garda Civil de Noia; a traballadora social de Lousame; e a técnica da Concellería de Igualdade e secretaria da Mesa.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.