A actuación, licitada pola Mancomunidade Barbanza Arousa (formada polos concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira), forma parte da execución do Plan de Sostibilidade Turística Barbanza Arousa, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea – Nextgeneration UE.
O alcalde rianxeiro, Julián Bustelo, destacou a importancia das obras que se levarán a cabo “nun museo que recibe cada ano centos de visitantes e no que non se volveu a intervir dende a súa apertura fai máis de 20 anos”.




