Este mércores, 31 de decembro, os residentes do Fogar Amicos celebrarán unha xornada moi especial para despedir o ano 2025. Ás 12:00 horas, terá lugar a tradicional celebración das badaladas de fin de ano, pero, neste caso, adiantadas! Os residentes do centro tomarán as primeiras “12 uvas da sorte”, acompañados pol@s técnicos e técnicas do centro, nun ambiente festivo e cheo de emoción.
A celebración contará tamén coa presenza de Begoña Abeijón, directora xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, quen se unirá aos residentes nesta actividade tan especial. Xoán España, director xeral de Amicos, tamén estará presente para compartir este momento tan significativo.
Despois das badaladas, Begoña Abeijón terá a oportunidade de pasar un tempo cos usuarios e usuarias do centro, coñecer de primeira man como están a celebrar estas datas tan entrañables e escoitar os seus desexos para o novo ano, especialmente os seus anhelos para a noite de Reis.
Esta actividade non só é unha oportunidade para festexar o fin de ano, senón tamén para vivir unha celebración inclusiva, emotiva e participativa, que combina a tradición co compromiso coa comunidade.




