A Xunta presenta o proxecto “Mar e Rías” de turismo mariñeiro

12 Decembro 2025

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, participou este venres 12 de decembro en Noia na presentación do proxecto Mar e Rías: Pesca&Turismo, impulsado pola Consellería do Mar e levado a cabo baixo a coordinación do GALP Ría de Pontevedra. Este proxecto nace co obxectivo de estender a todas as comunidades costeiras galegas a promoción das actividades da pesca vinculadas ao turismo mariñeiro, tomando como exemplo o modelo desenvolvido no proxecto Mar das Illas, posto en marcha nas Rías Baixas e na contorna do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia que formou a máis de 250 profesionais do mar, impulsando novas vías de traballo nesta materia.

A directora xeral explicou que Mar e Rías Pesca&Turismo busca “ofrecer ao sector pesqueiro novas fontes de ingresos, a través da xeración de experiencias turísticas auténticas que contribúan, en paralelo, á redución do esforzo pesqueiro e ao equilibrio entre actividade extractiva e conservación”. Engadiu que o proxecto tamén promove prácticas respectuosas co medio mariño, fomentando o coñecemento, respecto e coidado dos ecosistemas costeiros.

Actuacións

Estes obxectivos conseguiranse co desenvolvemento de diversas actividades que se poñen a disposición das persoas que forman parte do sector pesqueiro e acuícola de toda a costa galega. O proxecto abrangue obradoiros de emprendemento, cursos de formación en cada territorio e titorías personalizadas para acompañar ao sector na creación de produtos turísticos mariñeiros sólidos e seguros.

Abordaranse conceptos como a adaptación das embarcación ás esixencias de prevencións de riscos laborais, a adecuación dos barcos para uso turístico ou novas vías de comercialización, entre outros.

Posteriormente, os GALP seleccionarán as mellores experiencias creadas polo sector para seren presentadas e difundidas á cidadanía. Ademais, crearase unha oferta formativa complementaria de tres cursos en liña, entre eles un de iniciación ao inglés turístico, que permanecerán abertos durante seis meses para favorecer a participación do conxunto do sector pesqueiro galego.

Como peche do proxecto celebrarase unha Xornada Internacional de Turismo Pesqueiro, centrada na análise dos avances acadados, a situación actual do turismo.

O proxecto Mar e Rías: Pesca&Turismo está cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura (FEMPA) nun 70% e pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia nun 30%.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.