A ría de Muros e Noia amplía horizontes e promociónase como destino en Lisboa

05 Decembro 2025

Lisboa acolleu a presentación do destino Ría da Estrela (ría de Muros e Noia) con profesionais de axencias de viaxes e turoperadores, así como con medios de comunicación especializados en viaxes da capital lusa.

Non só este destino chamou a atención dos profesionais lusos, tamén a presentación da Ruta Rías Baixas-Camiño da Rías de Muros Noia 2026, que na súa última edición reuniu a máis de 50 barcos e que, como novidade, contará cunha etapa previa que partirá de Oporto. Un percorrido que discorrerá polos portos de Viana de Castelo e Esposende, recreando así a ruta de peregrinación e o itinerario seguido por Pietro Querini antes de chegar a Muros.

Xornada en Lisboa

Tamén o navegante Pietro Querini foi protagonista en Lisboa dunha xornada na que se presentou a Vía Querinissima e o Camiño da Ría de Muros Noia a axentes culturais, diplomáticos e turísticos de Italia en Portugal. Un acto celebrado na Embaixada de Italia en Lisboa no que participaron o seu embaixador, Claudio Miscia, e o presidente da Ría da Estrela e da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia, Luis Oujo, quen aproveitou para recoller apoios das autoridades italianas e portuguesas para a extensión do punto de inicio desta ruta xacobea nos vindeiros anos.

Nesta xornada celebrada en Lisboa participou a directora da Vía Querinissima. Nicoletta Martorana, quen impartiu a ponencia “O Itinerario de Pietro Querini e a Vía Querinissima”, mentres que Sebastián Valverde, técnico da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia, falou sobre “A relación da Vía Querinissima e o Camiño de Santiago”.

A esta promoción en Lisboa sumáronse Stefano Agnoleto, presidente do Comité Científico da Vía Querinissima; Hermenegildo Fernandes, catedrático de Historia Medieval da Universidade de Lisboa; e a presidenta do Consello de Administración do Porto de Lisboa, Ana Beatriz de Azevedo Dias Antunes Freitas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.