A Escola de Música de Muros visita o Centro de Día

12 Decembro 2025

A Escola Municipal de Música de Muros visitou o Centro de Día para ofrecer un concerto moi especial, adicado ás persoas maiores usuarias
deste servizo.

A concelleira de Ensino, Laura Rivadeneira, sinalou que “foi unha experiencia entrañábel, na que a Escola de Música foi acollida con gran cariño e na que todos desfrutamos coa música; incluso algunhas persoas se animaron a botar uns bailes”.

Engadiu ademais que “é moi importante levar a música directamente ás persoas que teñen maior dificultade para desfrutar desta arte na programación convencional, asegurando que tamén poidan gozar destas propostas”.

Tamén quixo agradecer o compromiso do profesorado e do alumnado da Escola: “Para o Concello é unha sorte contar coa ESMU, sempre dispoñíbel
para colaborar neste tipo de actividades”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.