A AER felicita ao Concello de Ribeira pola compra das parcelas que “mantiñan paralizado o proxecto do polígono”

06 Decembro 2025

A Asociación de Empresarios de Ribeira emitiu un comunicado, a través do seu presidente, Francisco Martínez Gude, no que se felicita ao Goberno local de Ribeira polo impulso que vén de dar ao proxecto do novo polígono, “trala compra das parcelas que mantiñan paralizada a iniciativa”.

E sinalan: “Foi este un parto difícil, desde localizar aos propietarios delas mesmas, ata poñelos de acordo para a venda e compra por parte do Concello. Con estas liñas queremos manifestar o noso agradecemento persoal á actual alcaldesa, María Sampedro, e ao tenente de alcalde, Vicente Mariño, porque cumpriron procedendo á referida compra, coa que se desbloquea o camiño para poder alcanzar a meta de ver concluído o tan ansiado polígono industrial”.

A patronal congratúlase tamén porque “o primeiro e gran escollo foi despexado, agora resta emprender a marcha mediante a licitación da obra para a súa continuidade e da man das institucións, Xunta de Galicia, que nos manifestou no seu día a súa disposición para achegar axudas económicas que fagan posible materializar este desexo, e a Deputación, que así mesmo se comprometeu a realizar o desdobramento da estrada de acceso ao devandito parque empresarial, poidamos por fin ver realizada a obra que os nosos empresarios e a nosa cidade necesitan”.

Explican tamén que “falta actualizar os prezos do proxecto do devandito polígono, pechar os acordos con presidencia e convenios acordados coa Concelleira de Industria para poder establecer xa o prezo definitivo por metro cadrado”.

E conclúen: “Despois de todo isto manteremos unha reunión con todos os interesados polo solo industrial para así ter en firme a cantidade de metros
solicitados e poder materializar este proxecto tan demandado e tan necesario para o crecemento de Ribeira”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.