Sonia Eiras gaña o VII Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía

28 Novembro 2025

A investigadora Sonia Eiras Penas resultou gañadora do VII Premio Internacional Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía dedicado ás enfermidades valvulares cardíacas. O fallo do xurado, presidido polo doutor José Ramón González Juanatey, confirmou este recoñecemento que inclúe unha dotación económica de 30.000 euros e galardón acreditativo. O premio será entregado en 2026 en Santiago de Compostela polo empresario galego Ramiro Carregal, afincando en Ribeira e fundador de FRINSA, empresa referente en alimentos do mar.

Sonia Eiras Penas (Vila de Cruces, 1975) é doutora en Bioloxía e líder do grupo de Cardioloxía Traslacional no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS). O seu proxecto Medicina de precisión en pacientes con graxa epicárdica disfuncional asociada á enfermidade coronaria e ás valvulopatías máis frecuentes no noso medio pretende identificar a pacientes con patoloxía valvular asociada coa acumulación de tecido adiposo epicárdico disfuncional mediante biomarcadores e mostras de imaxe non invasivas que orienten sobre o risco para padecer estas enfermidades.

Entre os factores que contribúen ao desenvolvemento e progresión destas patoloxías valvulares atópanse a obesidade, a hipertensión, o envellecemento e a diabetes. “Estes factores relaciónanse cunha maior acumulación de tecido adiposo epicárdico disfuncional, unha condición metabólica que, segundo a evidencia, pode favorecer o risco e avance da enfermidade, a resistencia terapéutica, e contribuír así a un deterioro cardiovascular progresiva”, sinala a investigadora.

O proxecto aborda o desenvolvemento de estratexias terapéuticas preventivas que reduzan o tecido adiposo disfuncional asociado coa patoloxía valvular e/o coronaria. “Este traballo podería axudar á toma de decisións terapéuticas con beneficio cardiovascular; os pacientes afectados poderían beneficiarse de fármacos que mostraron a súa eficacia na modulación inflamatoria”.

Sonia Eiras doutorouse en Bioloxía (2003) pola Universidade de Santiago de Compostela. Durante o período predoutoral estudou o sinal de transducción do receptor de leptina e a súa relación coa inflamación. Realizou unha estancia posdoutoral na Universidade Libre de Ámsterdam (2004) e na Universidade de Florencia para estudar as modificacións proteicas e contracción cardiomiocitaria de pacientes con fibrilación auricular. No 2006 obtivo un contrato de estabilización de investigadores do Programa Isidro Parga Pondal da Xunta de Galicia para incorporarse na Fundación do Hospital Clínico de Santiago e estudar marcadores do tecido graxo cardíaco, o seu comportamento na patoloxía cardiovascular e regulación farmacolóxica. Publicou como Senior en revistas de alto prestixio internacional na súa área como Cardiovascular Research.

Os Premios Ramiro Carregal

O presidente de Frinsa, Ramiro Carregal Rey, mantén o seu firme compromiso coa investigación ao convocar unha nova edición deste galardón creado no ano 2018, o que supón un paso máis na súa aposta polo mecenado na investigación sanitaria. Esta dedicación maniféstase tamén noutras destacadas contribucións impulsadas polo empresario galego neste campo, como é o Premio Internacional de Investigación Oncolóxica e o Premio a Talentos Emerxentes, que xa alcanzan a 14.ª e 7.ª edición, respectivamente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.