Porto do Son remata a renovación e mellora do pavimento no lugar Agra-Trasdoanes

20 Novembro 2025

O Concello de Porto do Son na súa firme aposta polo rural, vén de rematar a renovación e mellora do firme no lugar Agra-Trasdoanes, na parroquia de Xuño. A actuación, que ten un investimento total de 99.913 euros, está financiado integramente a cargo da Consellería de Medio Rural, a través do programa Plan de Infraestruturas Rurais.

En termos concretos, a obra contemplou a rehabilitación da superficie da estrada, “garantindo unha maior durabilidade e mellorando as condicións do tráfico”. O traballo tamén incluíu a nivelación da superficie da estrada e a aplicación de novas mesturas asfálticas, optimizando a resistencia ao desgaste e a seguridade viaria.

Aproveitando a apertura da estrada, instalouse a condución subterránea para o sistema de saneamento. Tamén, colocouse a tubaxe correspondente coas pendentes axeitadas para garantir o correcto funcionamento hidráulico. Esta obra mellora a rede de servizos urbanos, evitando futuros danos no pavimento por obra posteriores.

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, sinalou “o compromiso do goberno local por seguir apostando polo rural e garantindo que a rede viaria municipal estean no mellor estado” e apunta, ademais “importancia de acondicionar esta vía para mellorar a calidade de vida da veciñanza”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.