O Plan Limpamos Noia actuou nunha decena de núcleos

03 Novembro 2025

Proseguen en Noia os traballos de limpeza e acondicionamento de espazos públicos, equipamentos e infraestruturas, co obxectivo de mellorar non só o aspecto visual destes espazos senón tamén a accesibilidade e a seguridade.

O Plan Limpamos Noia impulsado polo Concello chegou os días pasados ao Obre – Chaínza e continúan os labores de adecuación e melloras noutras zonas de Noia.

Na Chaínza fórense desenvolvendo distintas accións nas dúas últimas semanas e de xeito paralelo as brigadas municipais continuaron os traballos de mellora e mantemento en diferentes zonas do concello:

-Limpeza e adecuación do Lavadoiro da Chaínza

-Limpeza da pasarela do Paseo Marítimo

-Adecuación e limpeza do parque infantil cuberto de Labarta

-Instalación dunha nova fonte no Campo da Feira, adaptada para persoas e cans

-Limpeza da pasarela do Paseo Marítimo

-Limpeza e adecuación na zona de Abruñeiras

-Limpeza na contorna do río de Argalo

-Limpeza e mellora na Rúa Espírito Santo e Santísima Trinidade

-Intervención de urxencia na zona da Rasa

“Seguimos traballando para manter Noia limpa e coidada, mellorando espazos públicos para o desfrute de todas e todos”, informou o Concello agradecendo ao persoal municipal “o seu compromiso e esforzo diario, facendo posíbel que Noia esté limpa, coidada e nas mellores condicións para todas e todos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...