O Consello da Cultura Galega pon o foco (este martes) no pensamento de Castelao sobre a democracia e a paz

11 Novembro 2025

O Consello da Cultura Galega (CCG), en colaboración co Equipo de Investigacións Políticas da Universidade de Santiago de Compostela, organiza este martes 11 de novembro, na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC (ás 12:00 horas) a actividade Castelao: democracia e paz, un encontro dedicado a examinar a visión que o intelectual, político e escritor rianxeiro formulou sobre a democracia e a paz no mundo.

O acto pretende poñer en diálogo os textos do intelectual rianxeiro cunha pluralidade de voces contemporáneas —especialmente novas— que contribúan a conectar o seu pensamento co contexto internacional actual.

Partindo das ideas centrais da súa obra, como a defensa da democracia liberal fronte aos autoritarismos, o federalismo internacional e o multilateralismo, a promoción dos dereitos humanos e a crítica das guerras, das inxustizas e da desigualdade, esta actividade achéganos a un Castelao anticipador, capaz de interpretar con lucidez, un século antes, moitas das dinámicas políticas, sociais e culturais que seguen vixentes na actualidade.

O encontro ten como obxectivo actualizar o pensamento de Castelao á luz dos retos contemporáneos —como a desinformación, os populismos, a erosión institucional, os conflitos armados, as migracións e as crises globais—, fomentar un diálogo que traduza conceptos clásicos a linguaxes e formatos actuais, capacitar as persoas participantes en ferramentas críticas para interpretar a realidade política internacional e difundir a relevancia do patrimonio intelectual galego no debate público global.

A actividade consiste nunha mesa redonda titulada Castelao: democracia e paz, coordinada por Paulo Carlos López-López, profesor titular de Ciencia Política da Universidade de Santiago de Compostela. Intervirán Iria-Friné Rivera Vázquez, historiadora da arte, investigadora, escritora e creadora; Serxio María Rodríguez Álvarez, investigador e profesor de Ciencia Política na Universidade de Vigo; e Tamara Andrés Padín, escritora, tradutora e investigadora.

En relación con este encontro, está prevista nos próximos días a gravación do podcast Castelao: democracia e paz dende as voces máis novas, no que participarán estudantes da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, co propósito de ampliar o diálogo xeracional e difundir o legado de Castelao a través das novas canles de comunicación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.