O Concello de Ribeira remata o acondicionamento do acceso ao punto limpo co pintado da sinalización viaria

17 Novembro 2025


A actuación de mellora da contorna do acceso ao punto limpo e matadoiro de Ribeira finaliza co pintado da sinalización viaria horizontal.
O Concello procedeu en pasadas datas coa instalación da rede de pluviais e a pavimentación en 4.232 metros cadrados desta zona do Polígono de Xarás cunha capa de aglomerado asfáltico en quente de 6 cm de espesor.

As obras foron adxudicadas á empresa Canarga S.L. e comportaron un investimento de 99.560 euros ao abeiro dunha subvención da Consellería de Economía e Industria.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.