O Concello de Ribeira mellorará a pavimentación e o abastecemento na rúa Agriña, en Palmeira

11 Novembro 2025

Co obxectivo de seguir mellorando as prestacións das parroquias do municipio, o Concello de Ribeira saca a licitación a pavimentación e renovación da rede de abastecemento na rúa Agriña, en Palmeira.

Ao abeiro desta iniciativa, procederase primeiro á instalación de 395,00 metros de tubaxe para a condución de auga para consumo doméstico e equipamento necesario, renovando as acometidas domiciliarias e entroncando coas redes existentes para, posteriormente, aplicar o pavimento final de aglomerado asfáltico en quente en toda a calzada, nunha superficie de 2.838,00 metros cadrados. Os traballos finalizarán co pintado da sinalización horizontal.

A duración das obras será de dous meses.

Esta actuación atópase ao abeiro do POS+2025 cun orzamento de licitación de 115.973,84 euros, IVE incluído. O prazo para presentar as ofertas remata ás 23.59 horas do 25 de novembro a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.