O Concello de Ribeira executa tarefas de acondicionamento na contorna do Mercado Municipal

13 Novembro 2025

A Concellería de Mercados de Ribeira traballa na mellora da contorna do Mercado Municipal da cidade. Por iso, nesta semana reagrupáronse os contedores de lixo de tres puntos nun lateral da carpa municipal. A idea foi que os colectores que estaban dispersos entre a entrada de dita carpa municipal, a parte da Praza de Abastos a carón da estrada e a metade da rúa Canarias ocupasen un único espazo. Para iso, a Administración local adecuou esta nova área destinada aos depósitos do lixo mediante a construción dunha plataforma de formigón.

Con relación a esta medida, o edil de Mercados, Vicente Mariño, indicou que “este é un novo paso na mellora dunha área onde conflúe moita xente. Decidimos reagrupar os contedores para optimizar o servizo de recollida do lixo e tamén para que a cidadanía dispoña dos colectores máis habituais, como o da fracción resto, envases e papel/cartón, nun mesmo punto. Ademais, gañamos varias praza de aparcamento nas proximidades da propia praza de abastos e de varios comercios locais.”

Indicou que están contempladas outra serie de accións sobre a iluminación e a fachada. “En vindeiras datas tamén retiraremos as pintadas da fachada desta dependencia municipal e repararase as fontes luminosas que hai no perímetro da praza de abastos para maior visibilidade agora que os días son máis curtos. E, por suposto, cara a época do Nadal tampouco faltará a decoración propia destas datas”, en palabras do concelleiro.

Outros artigos

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.