O Concello de Muros abre o prazo de preinscrición nos campamentos Concilia Nadal

17 Novembro 2025

O Concello de Muros abre o prazo de preinscrición nos campamentos de Nadal ata as 14:00 horas do vindeiro 28 de novembro. Os campamentos son unha iniciativa das concellerías de Ensino e Muller para nenas e nenos nadas/os entre 2013 e 2022. Haberá 30 prazas en cada unha das dúas quendas: 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro e 2, 5 e 7 de xaneiro no CEIP Ramón de Artaza y Malvárez; e 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro e 2, 5 e 7 de xaneiro no EEI de Tal de Abaixo.

Laura Rivadeneira, concelleira de Ensino, destacou “a importancia da conciliación para o goberno local de Muros, con servizos como o de Madrugadores ou este campamento de Nadal”.

“Nos campamentos, os nenos e nenas teñen unha alternativa de lecer nos días non lectivos de Nadal, con actividades guiadas en todo momento por monitores”, engadiu Maruxa Martínez, concelleira de Muller.

A solicitude de preinscrición debe facerse presentando o formulario electrónico habilitado a través do rexistro na sede electrónica municipal (sede.muros.gal) ou de xeito presencial no rexistro municipal (de 9:00 h a 14:00 h).

Toda a información na web municipal. Tamén no departamento de Servizos Sociais do Concello de Muros (981 762 465) o unas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros: 981 762 294.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.