O Concello de Boiro premia a empresas, entidades e persoas polo seu labor social

28 Novembro 2025

O Centro de Formación, Innovación e Emprendemento do Concello de Boiro acolleu na tarde deste 28 de novembro unha nova edición dos premios locais Distintivo Benestar Social, que teñen como finalidade promover o labor social e de voluntariado no municipio. Trátase dun acto de recoñecemento público a persoas, empresas e entidades que fan contribucións desinteresadas en beneficio da sociedade. O Distintivo Benestar Social é unha iniciativa organizada polo Concello.

O concelleiro de Política Social, Raúl Treus, foi o encargado de abrir o acto e de facer entrega do primeiro dos distintivos da noite na categoría de Voluntariado que este ano recibe o voluntariado de Cáritas en recoñecemento da súa labor a prol do benestar da veciñanza de Boiro con independencia da súa orixe, sexo ou relixión.

Na categoría de Sector Empresarial a galardoada deste ano foi Ana Alejandra Santiago, responsábel de Comoxo Organics, un proxecto que mestura produción primaria, turismo e cultura no rural que contribúe á promoción do voluntariado e á posta en valor da cultura local, do medio rural e o propio municipio. Entregoulle o distintivo o concelleiro de Comercio, Formación e Emprego do Concello de Boiro, Roberto Lojo.

Participou tamén no acto a deputada de Servizos Sociais da Deputación da Coruña, Mar García, que fixo entrega do galardón na categoría de Entidade Social e que este ano foi para a Asociación A Creba en recoñecemento da súa aposta polo coidado, atención e mellora do benestar das persoas con problemas de saúde mental.

Pola súa parte o director xeral de Inclusión da Xunta de Galicia, Arturo Parrado Puente, foi o encargado de entregar o distintivo na categoría de Inclusión. Este ano foi a Fundación Meniños quen recolleu este recoñecemento polo traballo que levan a cabo coas familias e menores de Boiro e o Barbanza e que garanten novas oportunidades para as persoas.

O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, foi o encargado de entregar o premio na categoría de Igualdade, que este ano recae no persoal sanitario do Centro de Saúde de Boiro en materia de violencia de xénero pola súa boa coordinación co CIM de Boiro en canto a atención, asistencia sanitaria e bo trato ás vítimas de violencia de xénero ou acoso sexual que acoden aos servizos sanitarios.

O distintivo na categoría de Méritos Extraordinarios nesta edición foi para a traballadora do servizo de axuda no fogar do Concello de Boiro, Digna Iglesias que este ano alcanza a súa xubilación. Un premio que entregou Mar Novas do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, galardoados na pasada edición, como recoñecemento ao bo trato, cariño e constancia no desenvolvemento das súas funcións.

O ultimo dos distintivos é o da categoría Superación e Exemplo, que este ano foi para Tamara Vila, veciña de Boiro que é exemplo como nai, veciña e traballadora, superando barreiras, loitando a prol da accesibilidade e afrontando o destino con valentía. Entregou este distintivo o tenente de alcalde, Luis Ruiz, que pechou o acto.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.