O Coliseo Noela reabre as súas portas tras unha profunda intervención

08 Novembro 2025

O Concello de Noia formalizou finalmente a reapertura do Coliseo Noela, en palabras do Goberno local “unha das infraestruturas culturais máis emblemáticas do municipio”. Fíxoo tras varios meses de traballos de mellora e reparación integral.

Fontes do Concello explicaron que “debido ao seu avanzado estado de deterioro e ás deficiencias detectadas en materia de seguridade, o inmóbel viña estando pechado dende o 12 de agosto de 2025”. Agora, e tras unha intervención impulsada polo Goberno local —realizada en parte co apoio da Xunta de Galicia—, o Coliseo “recobra todo o seu esplendor e volve estar dispoñíbel para o uso público en condicións óptimas”, sinalaron dende o Executivo.

Durante este tempo realizáronse actuacións fundamentais para garantir a seguridade, funcionalidade e conservación do espazo, entre as que destacan:

Impermeabilización da parte traseira do edificio, afectada por filtracións.

Reparación de máis de 40 deficiencias no sistema eléctrico.

Eliminación de fungos (mofo) e mellora da ventilación.

Substitución de tubaxes de auga danadas nos vestiarios superiores.

Tratamento contra térmites e outras pragas.

Instalación de bombas de achique no patio interior.

Actualización do sistema eléctrico dos vestiarios.

Reparación e homologación do cortalumes.

Arranxo do controlador de luces e mellora da iluminación.

Adaptación ao plan de prevención de riscos laborais.

Limpeza e acondicionamento do exterior do edificio.

“Con esta intervención, o Coliseo Noela recupera o seu papel como punto de encontro cultural e social da veciñanza, preparado para acoller de novo espectáculos, eventos e actividades en condicións seguras, cómodas e modernas”, explicou o Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.