Noia celebra o 29 de novembro unha xornada de introdución aos cogomelos

17 Novembro 2025

O sábado 29 de novembro Noia vai dar acollida a unha Xornada de Iniciación á Micoloxía, coa que introducir á veciñanza no apaixonante mundo dos cogomelos. Dará comezo ás 10.00 horas no Edificio do Casino e estará organizada polo Concello. A vertente da formación teórica virá da man do profesor de Bioloxía Xosé Lois Piñeiro, que achegará unha exposición de setas. E ás 11:30 h, celebrarase saída ao monte para poñer en práctica o aprendido. As inscricións están abertas na Rede. As prazas serán limitadas. O Concello sinala que esta actividade é “unha excelente oportunidade para coñecer e poñer en valor o noso patrimonio natural, aprendendo a identificar, respectar e conservar a biodiversidade que nos rodea”.

Outros artigos

O PIE dos concellos do Sar-Ulla logra unha inserción laboral do 38%

Os alcaldes de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Catoira e Valga participaron este venres no acto de clausura do Programa Integrado de Emprego Dodro 2025-2026, no que un cento de persoas desempregadas dos ditos termos municipais recibiron durante nove meses...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.