Noia acollerá en decembro a estrea de “Un matrimonio sen filtros”, a nova obra de Javier Veiga e Marta Hazas.

24 Novembro 2025

Na mañá deste luns 24 de novembro tivo lugar na Casa do Concello de Noia a presentación oficial da obra Un matrimonio sin filtros, escrita e protagonizada por Javier Veiga xunto a Marta Hazas. Trátase dunha comedia escrita por Javier Veiga sobre a fin do amor na parella, sobre a adicción ao teléfono móbil, e sobre a correlación entre ambas as cuestión.

O espectáculo representarase no Teatro Coliseo Noela os días 18, 19, 20 e 21 de decembro.

No acto participaron Manolo Seijas, tenente de alcalde do Concello de Noia; Chelo Martínez, concelleira de Cultura; Francisco Pérez, alcalde de Noia; e o actor galego Javier Veiga.

Durante a presentación, Manolo Seijas destacou que se trata “dun éxito asegurado”, sinalando que é unha obra con grande proxección a nivel estatal e que “é un privilexio poder acollela en Noia”. Pola súa parte, Chelo Martínez subliñou “o orgullo que supón traer ao noso municipio espectáculos desta dimensión”, reforzando o compromiso da área de Cultura coa programación de calidade.

O alcalde, Francisco Pérez, salientou que “Noia continúa a ser un referente cultural de primeiro nivel, con espazos únicos como o propio Teatro Coliseo Noela”, poñendo en valor a relevancia cultural e social do Coliseo Noela para o municipio.

Pechou o acto o propio Javier Veiga, quen afirmou que Noia continúa a ser “un lugar especial” para el, lembrando que esta será a terceira vez que presenta un espectáculo na vila. O actor referiuse ás súas anteriores visitas como “auténticos éxitos” e expresou o seu agradecemento ao Concello pola súa acollida e apoio continuado.

Con esta nova produción, “Noia consolídase unha vez máis como un referente cultural na comarca, ofrecendo ao seu público propostas teatrais de primeiro nivel”, destacaron Seijas e Pérez.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.