Noia acolle este sábado 8 un seminario de artes marciais con Joel “El Fenómeno” Álvarez

06 Novembro 2025

A concelleira de Deportes do Concello de Noia, Sandra González, asistiu este mércores 5 de novembro á presentación do Seminario con Joel “El Fenómeno” Álvarez, loitador profesional da UFC (Ultimate Fighting Championship), que se celebrará o 8 de novembro en Noia. O evento, organizado pola nova dirección do Ximnasio Muíños e o equipo Metanoia Arte Suave, reafirma á vila como un referente galego nos deportes de contacto.

Durante a rolda de prensa, Sandra González felicitou aos integrantes da organización e desexoulles moita sorte no desenvolvemento da xornada, subliñando que “non é casualidade que isto se celebre en Noia, porque a nosa vila está xa plenamente consolidada como un referente galego nos deportes de contacto”.

O presidente da Sociedade Liceo de Noia, Óscar Prego, destacou que “o Liceo de Noia sempre ten as súas portas abertas para colaborar co mundo dos deportes de contacto, que tanta historia teñen na nosa vila”.

Pola súa banda, Domingo Muíños, histórico referente das artes marciais en Noia e promotor da organización, afirmou que “este seminario marca un antes e un despois na forma de ensinar e de practicar as artes marciais en Noia”.

Tamén interveu Maikon Lapa, loitador profesional de MMA, director do Ximnasio Muíños e responsable do equipo Metanoia Arte Suave, quen
destacou “a importancia de que un loitador de renome internacional como Joel ‘El Fenómeno’ Álvarez se achegue a Noia” e amosouse confiado de que “a nosa vila ten un futuro fantástico por diante nos deportes de contacto”.

O seminario dividirase en dúas sesións:

●​ Boxeo, Kick Boxing e Muay Thai, de 11:00 a 13:30 horas, na Sociedade Liceo de Noia.​

●​ Brazilian Jiu-Jitsu e Grappling, de 16:00 a 18:30 horas, no Ximnasio Muíños.​

Ademais, ás 13:00 horas celebrarase unha sesión de portas abertas de Capoeira, aberta a todo o público interesado en achegarse a esta disciplina.
As inscricións poden realizarse na Sociedade Liceo de Noia e no Ximnasio Muíños. As prazas son limitadas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.