Medio milleiro de persoas participaron no Claustro do Terror de Noia

03 Novembro 2025

O mal tempo (con chuvia e moito vento, dous ingredientes moi axeitados, por outra banda, para celebrar a noite de Defuntos) non puido coa celebración do Claustro do Terror organizado polo Concello de Noia na Casa Consistorial para celebrar coa mocidade a festa do Samaín.

Este venres 31 de novembro, foron máis de 500 as persoas que se achegaron a pasar un rato de medo na dita actividade de lecer.

O Concello agradeceu o traballo, a ilusión e o compromiso de todas as persoas voluntarias que “puxeron o seu tempo e a súa enerxía para montar este espectáculo cheo de sustos, risas e creatividade”!

O Clúster do Terror, que permitiu aos máis atrevidos e atrevidas pasar unha experiencia arrepiante (para maiores de 10 anos), complementouse con música na Amaleda, unha cabina móbil e un paseo de terror polas rúas de Noia.

Previamente, houbo unha festa infantil na Alameda, baixo carpa, a partir das 18.30 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.