Impulso ás edificacións de promoción pública en Galicia: a Xunta ten en marcha 3.000 novas vivendas

17 Novembro 2025

NO MARCO DA ESTRATEXIA GALEGA DE SOLO RESIDENCIAL, A XUNTA COMPROMÉTESE A DESENVOLVER SOLO ONDE SE PODERÁN CONSTRUÍR 25.000 NOVAS VIVENDAS NOS PRÓXIMOS ANOS

A Xunta de Galicia avanza no seu compromiso de duplicar o parque público residencial, pasando de 4.000 a 8.000 vivendas durante esta lexislatura. Segundo os datos actuais, a administración autonómica xa ten en marcha preto de 3.000 novos fogares en diferentes fases de execución, o que representa o 73% do obxectivo fixado.

Este esforzo tradúcese nun investimento xa licitado de 208 millóns de euros, cun total estimado de 451 millóns de euros. As promocións esténdense por concellos con alta demanda como Vigo, Pontevedra, Lugo, Ourense, A Coruña, Santiago, Ferrol ou Mos.

O impulso á construción de vivenda de promoción pública canalízase a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e tamén coa Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal), que iniciou a súa actividade a principios de 2025 e contará cun orzamento superior aos 77 millóns de euros en 2026.

Actualmente, o IGVS ten en construción 825 vivendas con 183 millóns de euros xa licitados, ademais da promoción de 190 aloxamentos compartidos para a mocidade en Lugo, Vigo e Santiago. Pola súa banda, Vipugal ten programadas xa outras 1.777 vivendas e 768 fogares en concellos que cederon solo e onde existe demanda acreditada.

Estratexia Galega de Solo Residencial e Orzamentos 2026

No marco da Estratexia Galega de Solo Residencial, a Xunta comprométese a desenvolver solo onde se poderán construír 25.000 novas vivendas nos próximos anos (20.000 protexidas e 5.000 libres), mediante Proxectos de Interese Autonómico (PIA).

Actualmente, están tramitados 9 destes proxectos para urbanizar ámbitos de solo nas principais cidades e concellos como Vigo, A Coruña, Pontevedra, Ourense, Santiago, Lugo, Arteixo e Vilagarcía de Arousa. Estase a iniciar a tramitación do décimo en Marín. Todos eles suman unha estimación de solo para construír 21.000 vivendas.

Este compromiso reflíctese nos Orzamentos de 2026, que destinarán 350 millóns de euros a políticas de vivenda, cunha cifra récord de 269 millóns para o IGVS.


Novas medidas para axilizar a construción

Este esforzo orzamentario en vivenda vai unido ao impulso, a partir do vindeiro 2026, de novas medidas para axilizar a posta a disposición de novos fogares.

Así, a partir do vindeiro 1 de xaneiro os concellos poderán promover e desenvolver Proxectos de Interese Autonómico (PIA) para a creación de solo destinado ao menos nun 80% á construción de vivenda protexida.

Outra modificación normativa permitirá a construción de vivenda protexida e aloxamentos compartidos en solos dotacionais en desuso, por parte da Xunta ou promotores do sector, sen necesidade de modificar o planeamento urbanístico. Posibilitará axilizar a construción e rexenerar espazos urbanos ao mobilizar patrimonio público ou privado cun fin social. As vivendas que resulten terán cualificación pública permanente.

Tamén se regularán os aloxamentos compartidos a través da Lei de Vivenda en canto a súa composición e características. Trátase dun modelo alternativo que se adapta ás novas formas de convivencia que equilibran a autonomía individual e a vida compartida. Unha medida que permitirá ao Goberno galego seguir avanzando no obxectivo de incrementar o parque de vivenda con propostas máis alá do piso convencional.

Outra das medidas permitirá incrementar a edificabilidade nun solo urbanizable por riba do sinalado na Lei do Solo ata un 20%, se se reserva o 60% da promoción a vivenda protexida, co obxectivo de dar facilidades para que resulte máis atractivo facer vivenda protexida.

Por outra banda, cando os propietarios de vivendas de promoción pública poñan en venda os seus inmobles en segundas e posteriores transmisións, compraraas o Instituto Galego da Vivenda e Solo. Deste xeito, seguirase a ampliar o conxunto de fogares públicos con cualificación permanente.

E en Ourense arrancará o programa piloto de adquisición de locais en desuso para convertelos en vivendas. Adquiriranse baixos que reúnan as condicións técnicas e xurídicas axeitadas para convertelos en vivenda. O programa contará con 5M€, dos que 2M€ están xa consignados para 2026.

Así mesmo, incrementarase a partida do programa Fogar Vivo de axudas aos propietarios para reformar pisos baleiros a fin de poñelos no mercado de alugueiro, con axudas extra para os que aluguen a xente moza. Para o 2026 o programa triplica a súa dotación ata os 2,6M€.

Outros artigos

Este venres 11, máis sol co avance do día e temperaturas en ascenso

O reforzo da influencia anticiclónica e a entrada de circulación de vento do nordés marcarán a predición meteorolóxica deste venres, garantindo unha xornada de tempo seco e progresivamente máis despexado. Durante as primeiras horas da mañá predominarán as nubes baixas...

+

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

É evidente que a sociedade actual está creada á medida dos trepas, insolidarios, narcisistas, xenófobos e xente sen escrúpulos. Teñen todas as condicións e facultades para progresar, enriquecerse e explotar ao resto de mortais. Aprovéitanse da humildade, as carencias...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.