Gómez Caamaño e María Sampedro abordan nunha xuntanza de traballo a ampliación de espazos do Centro de Saúde de Ribeira

28 Novembro 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, mantivo unha xuntanza na tarde deste xoves 27 de novembro coa alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, na que abordaron a ampliación de espazos no actual Centro de Saúde da localidade mentres o Concello continúa a traballar para conseguir unha parcela idónea na cal construír un novo equipamento. Na reunión, celebrada no Edificio Administrativo de San Lázaro, tamén participaron a directora de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, Amparo Pousada, o xerente da área de Santiago de Compostela e Barbanza, Ángel Facio, e o primeiro tenente de alcalde do Concello de Ribeira, Vicente Mariño.

Gómez Caamaño trasladou que o obxectivo da Xunta é “incluír a asistencia á drogodependencia no deseño do novo Centro de Saúde de Ribeira, xa que a unidade municipal pasará a estar integrada por completo no Servizo Galego de Saúde a partir do 1 de xaneiro de 2026”.

A previsión da Consellería de Sanidade é, unha vez cedidos os terreos adecuados por parte do Concello, “construír un novo Centro de Saúde que suporá un incremento de espazos de máis do dobre do actual”.

No encontro, a alcaldesa tamén se interesou pola situación da atención primaria no municipio, unha cuestión que é obxecto de continuas protestas e mobilizacións por parte da Plataforma pola sanidade pública do Barbanza, nos ambulatorios de Ribeira, Aguiño e A Pobra, principalmente. O conselleiro dixo que “a atención primaria atópase condicionada polo déficit de profesionais en determinadas especialidades, como médico de familia e pediatría, que están a sufrir todas as comunidades para o que o Goberno central debe poñer solucións efectivas”, comentou.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...