Gardacostas de Galicia comisa 340 quilos de centola en Ribeira e incauta 4.450 metros de redes

11 Novembro 2025

O Servizo de Gardacostas de Galicia asestou un importante golpe contra a pesca ilegal no inicio da campaña de extracción da centola. Nun operativo levado a cabo este luns na ría de Arousa, a Xunta de Galicia incautouse de 340 quilogramos de centola comisada a unha embarcación de Ribeira por superar os topes máximos establecidos. A acción saldouse ademais coa incautación de 4.450 metros de miños (redes) e o precintado cautelar do barco infractor.

gardacostas de Galicia

A actuación, enmarcada nos labores de control e vixilancia deste servizo dependente da Consellería do Mar, obrigou á embarcación para levantar todos os aparellos calados. Grazas a esta medida, os axentes conseguiron liberar 200 quilos adicionais de centola enmallada nas redes, que foi devolta ao mar para protexer o recurso pesqueiro. En total, interviñéronse 89 pezas de miños e abriuse o correspondente expediente sancionador ao armador.

Este tipo de operativos resultan esenciais para garantir o cumprimento do plan de xestión e conservación da centola nas rías galegas, así como para promover unha explotación sostible do recurso. Desde o departamento autonómico sublíñase o impacto negativo destas prácticas ilegais, que non só poñen en risco a conservación da especie e o desenvolvemento da campaña, senón que tamén prexudican a estabilidade dos prezos para o sector profesional que cumpre coa normativa.

O amplo dispositivo foi liderado por Gardacostas de Galicia e contou coa colaboración da Unidade de Policía Nacional Adscrita a Galicia e do Servizo Marítimo da Garda Civil. Os efectivos levaron a cabo tarefas de recoñecemento de zonas de traballo, comprobación de actividades e pesada de capturas na lonxa. Estas accións de control e vixilancia continuarán desenvolvéndose de forma intensiva ao longo de toda a campaña polo litoral galego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.