Compromiso Outes manifesta a súa “fonda preocupación” pola situación do Centro de Saúde de Outes

06 Novembro 2025
Alba Quintela, de Compromiso Outes

O grupo municipal de Compromiso Outes quere emitiu un comunicado no que expresa publicamente a súa preocupación “pola grave situación que atravesa o Centro de Saúde de Outes”, que, nas súas palabras, “afecta de maneira directa á veciñanza e ao dereito a unha atención sanitaria pública, digna e de calidade”.

Segundo indicou a concelleira Alba Quintela, “nos últimos tempos a cidadanía está a sufrir demoras de máis de quince día para conseguir unha cita médica, unha situación insostíbel que se debe á falta de profesionais sanitarios e á ausencia de cobertura durante as vacacións do persoal médico”.

Ademais sinala que “o servizo de pediatría compartido con Noia é insuficiente, provocando que moitas familias teñan que desprazarse coas súas crianzas ás urxencias do PAC ou do CHUS pola demora nas citas e a saturación do servizo”.

E engade: “Dende Compromiso Outes consideramos que esta situación é consecuencia directa da mala planificación sanitaria da Xunta de Galicia, administración responsábel da xestión do sistema público de saúde en Galicia, resulta pois inaceptábel que un concello coma Outes, con centos de usuarios/as non dispoña dun servizo médico completo que garanta unha atención adecuada”.

Ao mesmo tempo, segundo indicou Quintela, “lamentamos a falta de implicación do Goberno municipal, que debería liderar a defensa dos dereitos da veciñanza e esixir á Xunta solucións urxentes e efectivas; a saúde non pode ser obxecto de desatención, a cidadanía de Outes merece un servizo sanitario público en condicións”, apuntou. Nese sentido, Compromiso Outes reclámalle á Xunta de Galicia que se adopten medidas inmediatas, entre elas:

-A cobertura estable de todas a prazas médicas no Centro de Saúde de Outes.

-A recuperación dunha praza exclusiva de pediatría para o municipio.

-A garantía de substitucións durante vacacións e baixas para evitar saturacións no servizo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.