Augas de Galicia contribúe a eliminar dous vertidos no concello de Muros

11 Novembro 2025

A Xunta, a través de Augas de Galicia, contribuíu a eliminar recentemente dous vertidos de augas residuais na parroquia de San Xoán de Serres, no concello de Muros, que acababan desembocando no río Valdexeira. En concreto, persoal do Programa de Control de Vertidos (PCV) detectou as incidencias no marco dos labores rutineiros que realiza neste concello no marco da campaña de inspección da rede fluvial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa. Os vertidos, segundo indicou Augas de Galicia, tiñan “carácter municipal”.

Engadiu o organismo da Xunta que “o primeiro foco consistía nun vertido da rede de saneamento sen ningún tipo de depuración previa e o segundo correspondía a augas residuais sen depurar procedentes dunha vivenda particular da contorna”, e que “ambos acababan na canle fluvial”.

Os dous episodios foron postos en coñecemento dos titulares das instalacións que presentaban deficiencias -o Concello da rede de saneamento e os propietarios do inmóbel- para que adoptasen as medidas oportunas co fin de corrixir a situación.

Nunha inspección posterior á zona, os técnicos de Augas de Galicia comprobaron a emenda de ambos puntos de vertido e a fin dos aportes contaminantes ao dominio público. O Goberno local procedera a reparar o tramo de colector que ocasionaba deficiencias na rede e os donos da vivenda particular realizaran a acometida das augas residuais cara á rede de saneamento municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.