Accidente en Carreira: un vehículo derruba o muro dunha propiedade

27 Novembro 2025

A dotación de garda do GAEM de Ribeira (Grupo de Emerxencias e Protección Civil Municipal), a petición do CIAE 112, interveu este mércores 26 de novembro pola tarde, sobre as 16.00 horas, na asistencia nun accidente de tráfico na estrada DP-7306 (á altura da Graña, na parroquia de Carreira, concello de Ribeira). O dispositivo tamén contou coa presenza da Policía Local de Ribeira e a Garda Civil de tráfico. O vehículo implicado foi un Alfa Romeo, cuxo condutor resultou ileso malia a aparatosidade do accidente.

O sinistro veu motivado por unha saída de vía pola marxe dereita en dirección Carreira. O coche esnafrouse finalmente contra un muro de pedra que foi derribado e que, segundo informaron os veciños, xa fora obxecto de danos previamente noutros incidentes de tráfico.

A instancias da chamada dun particular ao 112 Galicia, acudiron axentes da Policía Local e da Garda Civil e a dotación de garda do GAEM, que traballou na limpeza de aceite e combustíbel derramado na estrada e máis na beira polo vehículo sinistrado.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.