A Xunta resolve o concurso para o deseño dun prototipo de “chiringuito” biosostíbel coa selección de 3 das 16 propostas admitidas

25 Novembro 2025

A Xunta de Galicia resolveu o concurso de ideas convocado o pasado mes de setembro co fin de obter un prototipo de chiringuito biosostíbel integrado na paisaxe das praias e das contornas naturais costeiras galegas. En total, 3 das 16 propostas finalmente admitidas e avaliadas foron seleccionadas para ser incluídas na proposta final.

O xurado, presidido polo director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Enrique de Salvador, e outros técnicos do organismo ademais de dous arquitectos, reuniuse este luns 24 de novembro por quinta e última vez para analizar os traballos e decidiu asignar un primeiro premio de 12.000 euros para a proposta baixo o lema Do mar ao furancho, un segundo de 10.000 euros para Módulo, serie e litoral e un terceiro de 8.000 euros para Secadoiro.

Tendo en conta que a convocatoria do concurso está dirixida á selección das mellores ideas das que sacar un prototipo que posteriormente se poida replicar e materializar nun proxecto construtivo, durante o proceso de selección valorouse sobre todo “a viabilidade e calidade arquitectónica das propostas, os valores funcionais e paisaxísticos así como a sostibilidade ambiental, económica e social dos deseños presentados”. De feito, o gañador do premio de 12.000 euros está previsto que, nunha fase posterior, poida optar tamén á redacción do proxecto básico e de execución do prototipo.

Con esta iniciativa, licitada a principios de setembro, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático busca “unificar a estética dos establecementos hostaleiros de tempada —coñecidos como chiringuitos— co obxectivo de garantir un desenvolvemento respectuoso co medio natural da costa galega e integrar este tipo de instalacións coa contorna”. A medida, ademais, encaixa na tripla perspectiva (ambiental, económica e social) coa que se elaborou a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia.

Outros artigos

Domingo 1, tempo seco con sol despexado en Santiago e nas Rías Baixas

Este primeiro de novmebro, Todolos Santos, Galicia continuará baixo o dominio do anticiclón situado sobre as Illas Británicas, o que asegurará unha xornada de estabilidade xeneralizada en boa parte do territorio. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

Matemos la soledad, el abandono. Somos conocidos o amigos de antaño. Hoy vivimos en soledad, y a veces en el abandono. ¿Tu casa o en la mía? Ambos o ambas tenemos casa, nos valemos por nosotros mismos, así pues juntémonos, y vivamos juntos compartamos la vida. Tu casa...

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

. Adiviña, adiviñador. . . Aparece á súa hora, sempre aparece:. sorriso medido,. lavado, nin unha enruga,. perfumado de brillos. e ventos de marca. . . Chucha a atención. . . Mírate aos ollos.. Pinta porvires sen sombras,. sen cansazo. . . Fai canto che di. . . Verán...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.