A USC celebrará as eleccións a Reitorado o 12 de febreiro de 2026

11 Novembro 2025

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) anunciou oficialmente a convocatoria electoral para elixir á persoa que ocupará o Reitorado durante o próximos seis anos. A primeira volta das eleccións celebrarase o 12 de febreiro de 2026, mentres que, en caso de ser necesaria unha segunda votación, esta terá lugar o 11 de marzo do mesmo ano.

O calendario electoral, feito público recentemente, establece todas as datas crave do proceso para a elección da futura reitora ou reitor da institución. Xunto a esta convocatoria, a USC tamén publicou os procesos electorais para a elección de representantes no claustro universitario, nas xuntas de centro e nos consellos de departamento.

As reclamacións ao censo provisional poderán presentarse #ante a Secretaría Xeral do 10 ao 14 de novembro, coa resolución das mesmas prevista para o día 18. Posteriormente, entre o 18 e o 21 de novembro, poderán presentarse os recursos #ante a Comisión Electoral Central (CEC), publicándose o censo definitivo o 25 de novembro.

O prazo para a presentación de candidaturas estenderase do 26 de novembro ao 5 de decembro. A proclamación provisional realizarase o 11 de decembro, e os recursos poderán presentarse entre o 12 e o 16 de decembro. A proclamación definitiva de candidaturas será o 19 de decembro.

A campaña electoral desenvolverase entre o 27 de xaneiro e o 10 de febreiro de 2026, reservándose o 11 de febreiro como xornada de reflexión. A proclamación provisional de candidatos ou candidatas electos/as producirase o 13 de febreiro, abríndose un novo prazo de reclamacións do 18 ao 24 de febreiro. A proclamación definitiva terá lugar o 26 de febreiro.

En caso de celebrarse unha segunda volta, a campaña estenderase do 27 de febreiro ao 9 de marzo, con votación o 11 de marzo. A proclamación provisional da persoa electa será o 12 de marzo, e tras o período de recursos —do 13 ao 20 de marzo—, a proclamación definitiva efectuarase o 23 de marzo de 2026.

Pazo de San Xerome, sede do reitorado da USC

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.