A OPP83 – Cooperativa Santa Uxía de Ribeira organiza no CEIP Heroínas de Sálvora unha xornada divulgativa sobre os nosos peixes e mariscos

25 Novembro 2025

A OPP83 – Cooperativa Santa Uxía de Ribeira vai organizar este xoves 27 de novembro un programa de actividades educativas sobre pesca e peixe, destinadas a favorecer o consumo deste produtos entre as novas xeracións e a visualizar e reivindicar as múltiples vantaxes de consumir peixes e mariscos.

A axenda desenvolverase en horario escolar, de 9:00h a 14:00h. As actividades de divulgación previstas van dirixidas ao alumnado do CEIP Heroínas de Sálvora, en Aguiño, co obxectivo de “achegar o mundo da pesca e dar a coñecer o peixe capturado pola flota da capital do Barbanza”. A xornada inclúe un obradoiro de cociña, no que os nenos e nenas aprenderán a elaborar Lirio de Ribeira, e unha charla educativa sobre as principais especies que chegan ao porto de Ribeira, o seu valor nutricional e a importancia dun consumo responsábel, fomentando que os participantes se convertan en compradores profesionais no futuro.

Contarase coa presenza de membros do Consello Reitor da OPP83 e da súa xerente, María José Casais. Estas actividades enmárcanse no PPeC 2025 da OPP83, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o FEMPA.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.