A Deputación impulsa en Noia a sensibilización ambiental entre o alumnado de Primaria cun obradoiro sobre aves nocturnas

20 Novembro 2025

A deputada de Emprego, Industria e Medio Ambiente, Rosa Ana García, visitou este xoves 20 de novembro o CEIP Felipe de Castro de Noia e participou, xunto ao seu alumnado, no obradoiro centrado no coñecemento e conservación das aves rapaces nocturnas e impartido polo persoal especializado da Asociación Alados Medioambiente.

“Este tipo de charlas participativas permiten que os nenos e nenas coñezan de primeira man as características destas aves, o seu papel fundamental como controladoras naturais de pragas e os perigos aos que se enfrontan no medio natural”, explicou Rosa Ana facendo subliñando o impacto pedagóxico do emprego de materiais tan destacados como cranios, plumas, fichas informativas e vídeos, que permiten “ver, tocar e comprender a realidade da natureza cunha intensidade que ningún libro pode igualar”.

Ademais, a Deputación entregou a cada centro un caderno de campo sobre rapaces nocturnas, pensado para que o profesorado dispoña dun recurso didáctico útil para continuar traballando os contidos ambientais ao longo do curso. Nese senso a deputada destacou “a importancia de espertar desde idades temperás a curiosidade pola biodiversidade e polo coidado do noso entorno”, subliñando que iniciativas como esta “demostran que a educación ambiental é unha ferramenta clave para formar cidadáns responsables e comprometidos co futuro do planeta”.

Rosa Ana García aproveitou a súa visita para poñer en valor o éxito da iniciativa, que chegou a dez centros escolares da provincia e a máis de 500 alumnos e alumnas, destacando que “a Deputación da Coruña continuará apostando por programas que combinan educación, conciencia ambiental e participación activa da mocidade, porque sabemos que o futuro da natureza depende tamén da mirada que lles transmitamos aos máis pequenos”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.