A campaña Cada Cabicha Conta (Noia Limpa) instalará un cinceiro participativo na Lonxa de Testal (este mércores 19 ao mediodía)

12 Novembro 2025

O colectivo medioambiental Noia Limpa instalará un cinceiro participativo no que contar cabichas, ao abeiro da campaña Cada Cabicha Conta. Realizarase na Lonxa do Testal, Noia, o vindeiro mércores 19 de novembro as 12.30 horas. Contarase coa colaboración da Aula Sostible do Freixo.

Cada Cabicha Conta

Trátase dunha acción que conta coa colaboración do colectivo Noia Limpa e co apoio da Confraría de Noia. A actividade preséntase o mércores 19 de novembro ás 12:30 na Lonxa de Noia en Testal, onde será instalada unha caixa para o depósito de cabichas, un dos residuos máis habituais e contaminantes e con gran impacto no mar.

Mediante a instalación de cinceiros de votación, preténdese reducir a contaminación por cabichas, fomentando a implicación das e dos profesionais do sector pesqueiro. “Os cinceiros funcionarán como espazos de votación sobre temas diversos para despertar o interese da xente”, explicaron dende Noia Limpa, engadindo que a campaña toma o relevo en Noia, despois da instalación do cinceiro no mes de outubro na zona portuaria de Muros dentro do proxecto Aula Ambiental dos Outeiriños.

A Aula Sostible do Freixo

A Aula é un espazo no que diferentes entidades do territorio da ría de Noia-Muros traballan na recuperación e valorización de residuos plásticos para o deseño de pezas e útiles de uso na actividade marisqueira e da pesca.

A Aula é un proxecto colaborativo do que forman parte a Asociación de Mulleres do Mar da Ría de Muros Noia, Misela asociación de inclusión social e o Concello de Outes. Conta co apoio do GALP Costa Sostible e está financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca a través da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

A Aula do Freixo programa accións de posta en valor do patrimonio natural e costeiro a través da sensibilización, limpeza de zonas costeiras e recollida de lixo mariño para a súa posterior transformación seguindo as directrices da economía azul.

O proxecto pretende apoiar e coidar o mar e a súa costa e contribúe a por en valor os seus recursos, exercendo de modelo para outros axentes e actores.

Tamén traballa no desenvolvemento de accións de sensibilización e concienciación ambiental, como é a campaña de sensibilización Cada Cabicha Conta.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.