“50 anos que levaron a España en branco e negro á cor da realidade” – Antón Luaces

20 Novembro 2025

As grandes colas de cidadáns que, en Madrid, supostamente tributaron honras fúnebres a Francisco Franco após o seu falecemento vai 50 anos, inzou aqueles días de finais de novembro de 1975 de todo tipo de comentarios: desde a crítica ao “franquismo agochado” -sen ter en conta as dificultades existentes para non o ser- ao feito de ter finado o xeneral ferrolán nun día tan sinalado para o franquismo como o era o 20 de novembro, data na que fora afusilado no cárcere de Alacant o fundador da Falanxe, José Antonio Primo de Rivera. 

Foi precisamente esta circunstancia a que puxo en marcha todo tipo de especulacións, sendo a máis socorrida a das “manobras” argalladas polo Goberno para dar a coñecer o pasamento de Franco o 20 de novembro do citado ano de 1975, de tal xeito que se salientaba que esta morte máis que previsible cadrase coa do fundador da Falanxe, ocorrida o mesmo día e mes do ano 1936.

Cando se coñeceu a morte de Franco, o máis chamativo foi a imaxe compunxida de Arias Navarro, presidente do Goberno, ao proclamar tal feito: “Españoles, Franco ha muerto. Quisiera en mi último momento, unir los nombres de Dios y de España y abrazaros a todos para gritar juntos por última vez, en los umbrales de mi muerte, arriba España, viva España”, disque foi a mensaxe do finado.

Era aquela de 1975 unha España supostamente homoxénea e fondamente conservadora, que levaba nos miolos aspectos trasladados posteriormente ao país para que este, en réxime de liberdade e co mel da democracia nos beizos, convertera en realidade urxencias nacionais das novas xeracións que as anteriores fixeron maioritariamente súas con posterioridade: liberdade, divorcio, aborto que racharan co modelo patriarcal tan firmemente asentado e no que a muller pouco ou moi pouco tiña que dicir xa que, legalmente, dependía do varón en moitas decisións.

A censura condicionaba a produción cultural sendo especialmente perceptible na literatura, o cine, a música, reactjvadas coa democracja, como reactivadas foron as linguas de Galicia, País Vasco e Cataluña grazas á implantación das comunidades autónomas.

Hoxe en día, España é unha potencia cultural de proxección internacional, que soubo pasar do branco e negro imposto polo goberno e a igrexa á cor que nos é propia e ao que ninguén pretende renunciar, por máis que o negacionismo que algúns empregan como método tenten impoñer este.

Outros artigos

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.