Volve este venres a Boiro o Túnel do Terror

31 Outubro 2025

Este 31 de decembro o colectivo de voluntariado Turbina vai achegar á rapazada e á mocidade unha nova edición do seu Túnel do Terror, encadrado nas celebracións do Samaín.

A actividade lúdica terá lugar o vindeiro venres 31 de outubro no local Leñaverde do Centro Social de Boiro.

O Túnel do Terror, que vai xa pola súa quinta edición, contará con sesión para público familiar (de 6 a 12 anos) das 18.30 ás 20.00 horas, e sesións para público xuvenil (maiores de 12 anos) entre as 21.30 e as 22.30 horas e entre as 23.00 e as 00.00 horas.

O acceso será por orde de chegada e o percorrido polo Túnel do Terror farase en grupos reducidos. Dende o grupo de voluntariado Turbina animan a toda a veciñanza a achegarse disfrazado para gozar desta actividade do Samaín.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.