Venres 3, brétemas costeiras e lixeiro descenso das máximas en Santiago e Rías Baixas

02 Outubro 2025


A xornada do venres 3, Santa Cándida, manterá en Galicia a influencia do anticiclón, pero con ventos marítimos que achegarán moita humidade, o que deixará unha mañá marcada polas brétemas e néboas.

Nas Rías Baixas, agárdanse brétemas costeiras persistentes ao longo de boa parte do día, especialmente en áreas do litoral atlántico como Vigo, Vilagarcía ou Sanxenxo. Pola tarde abriranse claros, pero a presenza de néboas reducirá a visibilidade e manterá as máximas contidas, arredor dos 23-24 graos.

En Santiago de Compostela, o panorama será algo máis despexado: tras as néboas matinais, os ceos quedarán con nubes altas e algúns intervalos máis compactos na metade norte. As mínimas non variarán respecto da xornada anterior, mentres que as máximas descenderán lixeiramente, situándose en torno aos 22 graos. Os ventos soprarán frouxos do oeste-suroeste en xeral, sen refachos destacables.

meteogalicia

O noso mar; Vento variable á mañá e á noite e do sudoeste á tarde, forza 1 a 3 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Mar ovellado. Visibilidade regular á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...