Venres 17, xornada de sol e lixeiro descenso térmico nas Rías Baixas e Santiago

16 Outubro 2025

Durante o venres, continuaremos baixo a influencia anticiclónica, o que favorecerá unha xornada de tempo seco e estable. Agárdanse nubes de tipo alto en xeral, con néboas matinais en zonas de interior e algún crecemento de nubes de evolución pola tarde nas áreas montañosas do sur, sen consecuencias significativas.

As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso, mentres que no litoral atlántico poderán formarse brétemas costeiras ao longo do día(23 a 26 graos máxima).

Os ventos soprarán moi frouxos e de dirección variable con réxime de brisas nas Rías Baixas durante a tarde.

A PARTIR DO SÁBADO POLA TARDE CHEGA A CHOIVA A GALICIA QUE CONTINUARÁ DURANTE TODA A SEMANA.

METEOGALICIA

O noso mar; Vento variable á mañá e á noite e do oeste á tarde, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade regular á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.