Unha xornada homenaxea ao químico Fernando Calvet, Científico Galego de 2025

27 Outubro 2025

O Consello da Cultura Galega acollerá este martes unha xornada dedicada a repasar a traxectoria profesional do químico Fernando Calvet i Prats (Vilafranca del Penedès, 1903 – Barcelona, 1988), nomeado Científico Galego do Ano 2025 pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC).

A actividade, de acceso gratuíto e con prazas limitadas por orde de inscrición, celebrarase a partir das 16:15 horas e forma parte do conxunto de accións impulsadas este ano para divulgar o legado do destacado científico, que xogou un papel clave no desenvolvemento da investigación química na Universidade de Santiago, ademais de ser pioneiro na biotecnoloxía galega e promotor da industria farmacéutica no país.

O programa incluirá dúas mesas redondas.
A primeira afondará na súa traxectoria profesional e na pegada que deixou no campo da bioquímica, analizando o seu percorrido desde Oxford ata Compostela e a súa participación na creación dos laboratorios Zeltia do Porriño, así como o seu compromiso co galeguismo. Estará moderada por Manuel Puga, académico da Real Academia de Farmacia de Galicia, e contará coas intervencións de Ricardo Gurriarán, doutor en Historia Contemporánea pola USC; Xosé Luís Pastoriza, doutor en Filosofía pola mesma universidade; e Xoán Carmona, catedrático de Historia e Institucións Económicas da USC.

A segunda mesa centrarse no impacto de Calvet no impulso do sector biotecnolóxico galego, coa moderación de Francisco Díaz-Fierros, catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da USC. Nela participarán Manuel Freire, académico da RAGC, e Beatriz Díaz, representante do grupo biofarmacéutico Zendal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.