Unha persoa ferida nun choque na AC-550 á altura de Oleiros, Ribeira

16 Outubro 2025

Axentes da Policía Local de Ribeira, e as dotacións de garda do Parque Provincial de Bombeiros (Ribeira) e o GAEM (Protección Civil de Ribeira) traballaron conxuntamente este 15 de outubro, mércores, para socorrer a unha persoa ferida nun accidente ao seu paso pola parroquia de Oleiros, na estrada AC-550. No sinistro o automóbil chegou a perder o seu eixe traseiro.

Os efectivos foron mobilizados polo CIAE 112. No lugar tamén asistiu á persoa ferida (a condutora do vehículo) a ambulancia do 061 (que trasladou á condutora á área de Urxencias do Hospital do Barbanza) e máis a Garda Civil de Tráfico. O accidente rexistrou sobre as 16.00 horas da tarde deste mércores, na curva de Productos Cárnicos García. No sinistro viuse implicado un Peugeot 306 (na imaxe) que ía en dirección Porto do Son e máis un Audi A1. Foi un choque frontolateral, logo de que un dos vehículos sinistrados invadise o carril contrario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.