UCIN Boiro propón a realización de obradoiros de RCP e primeiros auxilios coincidindo co Día Mundial da Parada Cardíaca

14 Outubro 2025


Coincidindo coa celebración do Día Mundial da Parada Cardíaca, o 16 de outubro, UCIN Boiro solicitou ao Goberno local a posta en marcha de obradoiros formativos de reanimación cardiopulmonar (RCP) e primeiros auxilios, dirixidos a toda a cidadanía. Desde UCIN Boiro considérase que “a formación en RCP e primeiros auxilios é unha ferramenta esencial para salvar vidas, e que o Concello debe implicarse activamente na promoción dunha cultura de autoprotección e resposta ante emerxencias”.

Dende UCIN Boiro din que “en moitos outros concellos de Galicia xa se están a desenvolver iniciativas de formación en RCP e primeiros auxilios, organizadas en colaboración con Protección Civil, Cruz Vermella ou os servizos sanitarios autonómicos” e que “estas experiencias amosan que este tipo de obradoiros son perfectamente viábeis cos recursos municipais, requiren un investimento mínimo e xeran un grande impacto social e formativo, contribuíndo a que cada vez máis persoas estean preparadas para actuar ante unha emerxencia médica”.

UCIN Boiro propón que “o Concello organice xornadas e charlas-obradoiro abertas á poboación, en colaboración con Protección Civil, Cruz Vermella e o SERGAS, tanto en centros educativos como en asociacións veciñais e deportivas”. Ademais, indican que “estas charlas e obradoiros poderían celebrarse a pé de rúa, en espazos públicos como prazas, parques ou centros sociais, e estar abertos a toda a cidadanía”.

Deste xeito, sinalan, “todas as persoas poderán participar sen barreiras, aumentando a concienciación sobre a importancia de coñecer técnicas de RCP e primeiros auxilios e fomentando unha cultura de prevención e autoprotección”.

Estas accións, apuntan, “poderían desenvolverse do mesmo xeito que xa se levan a cabo programas como Muller e Saúde ou os cursos de defensa persoal, iniciativas moi positivas que demostran a capacidade organizativa do Concello”.

UCIN Boiro lembra que “estas iniciativas non deberían limitarse a un día ao ano, senón que a formación en RCP e primeiros auxilios debería ser permanente, cun programa municipal continuado que permita á veciñanza recibir esta formación de forma regular e acceder a obradoiros ao longo de todo o ano, garantindo así unha maior preparación ante emerxencias”.

Con esta proposta, UCIN Boiro quere sensibilizar ao Concello e á cidadanía sobre “a importancia de estar preparados ante unha emerxencia médica, aproveitando a data simbólica do Día Mundial da Parada Cardíaca para dar un paso firme cara a un Boiro máis seguro, solidario e comprometido coa vida”.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...