Seis novos efectivos da Garda Civil incorpóranse á compañía de Noia

16 Outubro 2025

O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, deu esta mañá a benvida aos 75 novos axentes da Garda Civil que se incorporan aos seus destinos na provincia. No acto estiveron tamén presentes o xeneral xefe da 15ª zona, Miguel Ángel González Arias, e o coronel xefe da Comandancia da Coruña, Fernando Pedreira Lata.

A demarcación da Garda Civil da provincia da Coruña abrangue o 94% do territorio provincial, o que supón o 57% da poboación, con 644.899
habitantes. Conta cunha comandancia e cinco compañías situadas na Coruña, Ferrol, Santiago, Noia e Carballo. Dos novos efectivos incorporados, 59 reforzarán a seguridade cidadá: 27 destinaranse á Compañía da Coruña, 10 á de Ferrol, 8 á de Santiago de Compostela, 6 á de Noia e 8 á de Carballo. O resto de efectivos reforzarán áreas de Informática, Desactivación de explosivos e Servizo Marítimo, entre outras.

Durante a súa intervención, o subdelegado destacou a relevancia do labor da Garda Civil “nunha provincia con casuísticas moi diversas que require unha presenza próxima e comprometida co territorio”. Abalde puxo especial énfase “no traballo exemplar que a Garda Civil realiza na loita contra a violencia de xénero, un ámbito no que debemos seguir avanzando até erradicar completamente esta lacra social”.


Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.