San Martiño de Noia acolle o 1 de novembro un Encontro Coral con catro agrupacións locais e de Portugal

24 Outubro 2025

O vindeiro sábado, 1 de novembro, ás 20:00 h, o Templo Parroquial de San Martiño de Noia acollerá un Encontro Coral con agrupacións de Noia, Outes e Portugal. Participarán as seguintes agrupacións: o Coro Via Voz (da Casa do Pessoal de Infraestruturas de Almada, Portugal), a Coral Feminina Barbanza (Noia), a Coral Fco. Añón (Serra de Outes) e o Grupo Vocal e Instrumental Atlántico (Noia). Será, en palabras da organización (a Unidade Pastoral de San Martiño de Noia e o Concello), “unha oportunidade perfecta para gozar da música coral nun marco incomparábel”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión