Ribeira celebra os 15 anos do centro de día de AGADEA

30 Outubro 2025

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, participou este mércores no acto de celebración do décimo quinto aniversario da apertura do centro de día de AGADEA (Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzhéimer) no municipio.

Durante a súa intervención, a rexedora felicitou á asociación polos seus quince anos de labor ao carón das persoas con dependencia e das súas familias. “Agardo que percorramos esta senda durante moitos anos máis, seguindo aportando vivencias, coñecemento e experiencias á traxectoria de Agadea e tamén á cidadanía de Ribeira”, afirmou.

Sampedro destacou ademais que “o traballo de AGADEA non se limita ao interior do centro, senón que sae á rúa e busca que os nosos maiores sigan formando parte activa da sociedade”. A alcaldesa tamén puxo en valor a colaboración entre administracións para seguir dotando de recursos en materia de dependencia, coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.

O acto contou tamén coa presenza do director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo; da subdirectora xeral de Envellecemento Activo e Innovación Sociosanitaria, Eloína Núñez; do concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño; e da edil de Igualdade, Ana Barreiro.

A xornada estivo marcada por momentos de emoción, recordos e celebración, con actividades como unha tómbola na que se repartiron quince agasallos e a proxección dun vídeo que repasou en imaxes a historia do centro a través dos seus usuarios e traballadoras. O evento pechouse cunha actuación musical das Garridiñas de Castiñeiras, da Asociación Amas de Casa.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.