Ribeira amplía a exposición da artista Goretti Bello ata o 22 de novembro, no Lustres Rivas

29 Outubro 2025


O Centro Cultural Lustres Rivas (Ribeira) acolle actualmente a exposición 7 lúas, de Goretti Bello; unha visión etérea da artista en cor, luz e movemento que se amplía ata o 22 de novembro. A mostra atópase integrada por preto dunha trintena de obras entre óleos sobre lenzo, vidreiras enchumbadas, esculturas, así como unha instalación.

Goretti busca coas súas creacións estimular os sentidos dos espectadores que contemplan os seus lenzos, vidreiras e vídeo proxeccións. As cores e o simbolismo universal forman a parte íntegra da súa expresión artística vinculándoos cos puntos enerxéticos do corpo, coñecidos comunmente como chakras, e a contorna, a natureza e os símbolos esotéricos de conexión ao universo e o divino interior. O horario de visitas é de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas, ademais de permanecer aberta nos sábados, en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.