Ribeira acollerá un programa de lecer para adolescentes que buscan o seu espazo: Ocio con Alas

08 Outubro 2025

A Asociación ÁGAPE poñerá en marcha este mes de outubro o programa Ocio con Alas, unha proposta de lecer dirixida a adolescentes do concello de Ribeira e da comarca do Barbanza que buscan un espazo seguro onde pasar o tempo libre, coñecer xente e participar en actividades adaptadas aos seus intereses.

Na presentación da iniciativa celebrada en Santa Uxía estiveron presentes, a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, a concelleira de Cultura, Antía Alberte, a presidenta de ÁGAPE, Ana Ruth Arnoso, a terapeuta ocupacional, Alba Rodiño e a integradora social, Nancy Silva.

O proxecto desenvolverase na Casa da Xuventude de Ribeira, en horario de tardes os venres, e conta co apoio da Concellería de Xuventude e Educación do Concello de Ribeira, que, ademais de facilitar o espazo apoia o seu financiamento xunto co Fondo Social da Confraría da Dorna e as entradas solidarias da obra de teatro Enraizadas. Gracias a todo isto poderase levar a cabo o programas ata o mes de xuño do próximo ano.

Ocio con Alas nace para ofrecer unha alternativa a mozos e mozas que, por diferentes razóns, non atopan con facilidade un grupo de amizades ou espazos nos que se sintan cómodos, creando así un punto de encontro seguro, respectuoso e participativo, onde expresarse e compartir tempo de maneira activa.

Estrutura do programa

O proxecto desenvolverase entre outubro de 2025 e xuño de 2026, dividido en tres fases que acompañan o proceso de crecemento e autonomía da mocidade.

As sesións estarán guiadas por Alba Rodiño, terapeuta ocupacional e técnica en inclusión social especializada en neurodiverxencias, e Nancy Silva, terapeuta en xestión emocional e técnica en inclusión (Apertas de Cores).

As fases do programa serán as seguintes:

1. Niño seguro (outubro-decembro): actividades de cohesión, creatividade e confianza, para coñecerse e sentirse parte dun grupo.

2. Ás curtas (xaneiro-marzo): encontros quincenais que alternan planificación e saídas na comunidade, fomentando iniciativa e participación.

3. Voar alto (abril-xuño): actividades abertas e dúas saídas longas fóra de Ribeira, elixidas polo propio grupo segundo os seus intereses.

Nesta fase final, o obxectivo é que, ao rematar o programa, conten con ferramentas e confianza para organizar de forma autónoma as súas propias saídas e encontros, segundo os seus intereses e coas persoas afíns do grupo.

Participación

O programa Ocio con Alas está aberto a todas as persoas preadolescentes e adolescentes que busquen un espazo diferente, sen presións nin etiquetas, especialmente a quen non conta cun grupo de iguais estábel ou non se sinte incluído nas propostas de ocio habituais. As familias tamén participarán en encontros de inicio, seguimento e peche, acompañando o proceso.

Metodoloxía

As sesións combinarán xogo, creatividade, convivencia e planificación, nun clima de respecto e seguridade. Aplicarase unha metodoloxía vivencial, flexíbel e progresiva, con apoios visuais, rutinas claras e espazos tranquilos cando sexa necesario, adaptándose ás necesidades individuais e grupais. O obxectivo é favorecer autonomía, participación social e expresión emocional, acompañando a cada participante desde o que é.

Inscricións

As inscricións poden realizarse a través do teléfono e canles habituais da Asociación ÁGAPE. Contacto : info.asociacion.agape@gmail.com. 602 44 21 55.

As prazas son limitadas e a participación require ser socio/a da entidade e realizar unha pequena achega mensual para cubrir materiais e actividades.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.