Prosegue a xira de participación cidadá do Concello de Noia con paradas na Barquiña e (a semana que vén) en Boa

03 Outubro 2025

Na tarde do pasado mércores, a iniciativa de participación cidadá do Concello de Noia (O Goberno Escoita) fixo a súa terceira parada polos diferentes núcleos do territorio, desta volta na parroquia da Barquiña, onde os representantes do Goberno local tiveron ocasión de escoitar as principais demandas da veciñanza en materia de acción municipal. “Ninguén coñece mellor a realidade do municipio mellor que os propios veciños e veciñas e a participación cidadá é clave para establecer prioridades e tomar decisións que melloren o estado da vila e de todas as parroquias”, explicou o Concello.

Participaron (aproximadamente) medio centenar de veciños e veciñas, ademais do alcalde Francisco Caamaño, o primeiro tenente de alcalde, Manuel Seijas e a 2ª tenente de alcalde, Sandra González.

A próxima cita será en Boa, no Local Social de Boa, o mércores 8 de outubro ás 19:00 h.

O Concello lembra á cidadanía que pode estar ao tanto da actividade municipal a través do servizo no Whatsapp (chat) habilitado dende o Consistorio. onde a cidadanía pode unirse á comunidade

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.