Padrón dará continuidade á Mostra de Cinema Galego FOCO

20 Outubro 2025

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, entregou este domingo 19 de outubro o I Foco de Honra que lle foi concedido á actriz Mabel Rivera pola “súa longa traxectoria” e asegurou a continuidade desta iniciativa que quere “amosar o cinema galego de calidade, para poñer en valor a creación cultural do pais”.

A intención do Concello, engadiu, “é dar continuidade á Mostra de Cinema Galego FOCO. É algo que nos faltaba e que nos fai medrar como pobo”, afirmou. O alcalde agradeceu a colaboración do Grupo Cortizo e da Fundación Rosalía de Castro con esta iniciativa.

Anxo Arca destacou a boa afluencia de público ás tres proxeccións desta primeira edición. De feito, o venres, máis de 150 persoas viron no auditorio do Campus Tecnolóxico Cortizo a película Antes de Nós, dirixida por Ángeles Huerta.

Como lembraremos, o filme explora a vida de Castelao antes da súa proxección pública, a súa relación con Virxinia Pereira, a súa experiencia como médico en Rianxo durante a gripe española de 1918 e a viaxe da parella pola Bretaña en 1929 tras a perda do seu fillo, que os uniría para sempre.

Na conversa co público, Pepe Coira, guionista da película e un dos grandes artífices da ficción galega contemporánea, amosou a súa esperanza de que se fagan máis películas sobre Castelao, “para contar a historia dunha figura tan potente e con tanta forza” como a do galeguista rianxeiro. Coira tamén resaltou que na película se plasma “unha historia de amor bastante singular como a de Castelao con Virxinia Pereira”.

O sábado, Luz Fandiño volveu visitar a Casa de Rosalía. Nun abarrotado auditorio da Fundación proxectouse a película documental A poeta analfabeta, que retrata unha muller fascinante: poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria. Producido por Nati Juncal, o documental recolle o pensamento e declaracións de Luz Fandiño pouco antes de morrer.

Pola esquerda: Fernando Rodríguez e Ester Fernández (do colectivo Foco), Anxo Arca (alcalde), Enrique Banet e Ismael RomarÍs (presidente do colectivo Foco)

Ao igual que o alcalde, Nati Juncal coñeceu a Luz Fandiño cando se trasladou a Santiago para estudar na universidade. “Nesta película contamos o que Luz Fandiño quixo contar”, asegurou Juncal, tamén produtora de películas como As neves.

Esta segunda xornada rematou co concerto de O’Leo de Matamá.

Esta primeira edición da Mostra de Cinema Galego FOCO rematou este domingo 19 de outubro no auditorio municipal, no que máis dun cento de persoas puideron ver A loita final,o documental de Enrique Banet e Mabel Rivera que presenta unha mirada crítica sobre a implantación de Altri en Palas de Rei.

Segundo manifestou Enrique Banet no diálogo co público, A loita final recolle, “por un lado, a nosa visión do que pensamos que debe ser Galicia, e na que, mediante a voz en off, falamos da agricultura sostíbel ou da explotación sostible dos recursos. A outra parte é a que manifestan os entrevistados, case todos eles forman parte do Consello da Cultura Galega e o seu informe foi rexeitado pola Xunta”. Enrique Banet insistiu en que “non é un documental contra Altri. Mabel Rivera e máis eu quixemos facer un documental en defensa da verdade”.

Conversa con Nati Juncal, produtora da película ‘A poeta analfabeta’

Despois da proxección e do diálogo co público, Banet recolleu o FOCO de Honra a toda unha traxectoria que lle foi concedido a Mabel Rivera. “Ela hoxe non puido vir porque está en Madrid presentando a película Los domingos”, escusou Enrique Banet a ausencia de Mabel Rivera en Padrón.

Anxo Arca agradeceu a presenza do público nas tres proxeccións, e tamén a colaboración do Grupo Cortizo e da Fundación Rosalía de Castro por ceder as súas instalacións para esta iniciativa.

“Esta fin de semana puidemos coñecer un pouco máis a Castelao, a Luz Fandiño e o que implica a instalación de Altri para o noso país. Creo que foi unha fin de semana moi frutífera para a cultura padronesa, na que tamén celebramos o 40 aniversario da Agrupación Cultural Rosalía de Castro e que remata co primeiro premio conseguido pola Banda Municipal de Padrón na sección terceira do Certame de Bandas de Pontevedra”, concluíu o alcalde.

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

Muros vibrou este luns 5 coa espectacular visita dos Reis Magos

A AC Fouleada e o Concello de Muros organizaron un amplo programa de actividades festivas e de lecer para recibir e acompañar, este luns 5 de xaneiro en boa parte do concello muradá, ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Pola mañá, a comitiva do Carteiro Real...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.