Outes reforzará a recollida selectiva e mellorará os servizos de auga

01 Outubro 2025


A Xunta de Galicia e o Concello de Outes colaborarán nos vindeiros meses para reforzar o número de contedores destinados á recollida selectiva de residuos e mellorar os servizos municipais relacionados coa xestión da auga. Así o acordaron hoxe a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde, Francisco Calo, nun encontro celebrado en Santiago.

En materia de residuos, a conselleira comprometeuse a solicitar a Ecoembes o subministro de novos contedores amarelos e azuis —para envases lixeiros, papel e cartón— co obxectivo de incrementar este mesmo ano a capacidade de recollida no municipio. Ademais, anunciou que a finais de 2025 a Xunta volverá convocar unha orde de axudas destinada á adquisición de contedores marróns para a materia orgánica, animando ao Concello de Outes a presentarse á convocatoria.

Melloras no saneamento e no abastecemento de auga

Durante a reunión tamén se abordaron as necesidades do municipio en materia de saneamento e abastecemento. O alcalde trasladou á conselleira as deficiencias detectadas nos pozos de bombeo de augas residuais e nas foxas sépticas que dan servizo a pequenos núcleos. Vázquez lembrou que Outes recibiu este ano unha achega da Xunta para realizar unha auditoría da súa rede de saneamento e animou ao Concello a empregar eses resultados para elaborar proxectos que poidan optar ás axudas anuais de Augas de Galicia.

Outro dos asuntos analizados foi o estado da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Roo e da súa condución, infraestruturas con máis de 25 anos de antigüidade. A responsable autonómica instou ao rexedor a solicitar as liñas de apoio previstas para o próximo ano co fin de mellorar a rede e reducir perdas de auga.

Apoio autonómico aos concellos

A Consellería de Medio Ambiente lembrou que, malia tratarse de competencias municipais, a Xunta leva anos colaborando con apoio técnico e financeiro. Só este ano, Augas de Galicia dispón dun orzamento de 144 millóns de euros para optimizar o saneamento e o abastecemento mediante melloras de infraestruturas, accións de formación e políticas activas contra o cambio climático.

Outros artigos

Mércores 9, volve o sol e suben as temperaturas

O regreso do anticiclón deixará ceos despexados e máximas en ascenso nas Rías Baixas e en Santiago este mércores A influencia das altas presións volta a instalarse sobre Galicia este mércores cunha marcada circulación de ventos do nordés, un escenario que garantirá...

+

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

+

“Informe PISA, educar para la vida”. Alberto Barciela

Cuando los fríos guarismos del último informe PISA vuelven a agitar los titulares con la cantinela de nuestras recurrentes carencias educativas, confirmamos que seguimos midiendo el rendimiento de las aulas con la precisión del contable pero con el desdichado desdén...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Fama sen rede”. Xosé Antonio López Silva

“Fama sen rede”. Xosé Antonio López Silva

Intente vostede falar na cea dun libro ou dunha figura pública que todo o mundo na mesa coñeza. O máis probable é que se atope con miradas de desconcerto. Os máis novos estarán ao tanto dun fenómeno de millóns de seguidores do que vostede nunca oíu falar, e o autor...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.