Os Xardíns Valle-Inclán converteranse nunha pasaxe do terror con ambientación e sustos para festexar o Samaín

27 Outubro 2025

A Pobra celebrará o Samaín convertendo, de novo, os Xardíns Valle-Inclán nunha auténtica pasaxe do terror. Así o confirmou a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, explicando que a programación se completará tamén coa proxección do filme La autopsia de Jane Doe.

Trátase, dixo, de dúas propostas coas que a área de Cultura busca festexar esta cita, “que vai gañando en número de adeptos ano tras ano”. Ambas propostas levaranse a cabo o venres, 31 de outubro.

Por unha banda, o Xardín do Terror estará dispoñíbel desde as 20.00 horas. As persoas que participen nesta iniciativa farán un percorrido polos xardíns, que estarán ambientados con decoración propia da época. Ao longo da visita, os valentes que se atrevan a entrar recibirán varios sustos cos que se lles meterá “o medo no corpo”, tal e como explicou a concelleira. Ás 21.00 horas terá lugar a proxección da película La autopsia de Jane Doe no Teatro do Cine Elma.

As actividades son de balde e non requiren de inscrición previa. O Cine Elma estará tamén ambientado con decoración de Samaín, polo que se recomenda ao público que acuda disfrazado para “acentuar a atmósfera terrorífica”, subliñou Lojo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.