Os nacionalistas reclaman solucionar os problemas de augas residuais en Noia

07 Outubro 2025

O coordinador do BNG en Noia, Ricardo Suárez, e máis a parlamentaria nacionalista da Pobra do Caramiñal, Rosana Pérez, compareceron este martes 7 de outubro ante os medios de comunicación, na contorna da ría noiesa, para reclamar de urxencia o saneamento integral da ría e a solución inmediata dos problemas na depuración das augas residuais que se xeran ó longo de todo o municipio, augas que segundo lembraron “van parar directamente ó mar sen pasar pola EDAR (que non está operativa)”.

Engadiron que “levaremos de novo ao Parlamento esta situación, co finalidade de garantir, coa máxima urxencia posíbel, actuacións concretas que aporten solucións a este grave problema medioambiental”.

Tamén anunciaron que pedirán á Xunta “a realización dun calendario de actuacións e de investimentos para reverter esta situación, incluíndo mesmo no orzamento do próximo ano diferentes partidas para a consecución do tan saneamento integral da ría”.

Sinalaron que “os responsábeis desta situación son o Goberno noiés de Santiago Freire e máis a Xunta, por non ter sido quen de poñerlle solución”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...